AREA SOCIAL
Información de actividade deportiva social e cultural
Lumieira Cup 2018
Campamento deportivo Campo de Luz
Esta semana estivemos colaborando como é habitual no Campamento CampoDeLuz 2018 que se leva a cabo na cidade de #lugo coa colaboración do noso adestrador de #taekwondo e a participación de medio centenar de rapazas e rapaces.
Unha experiencia nova que aportamos ós máis xóves
Somos Unidos Contra el Cáncer
Primeira tanda hoxe colaborando con SOMOS Unidos por el Cáncer sempre por unha boa causa. #valores #lugo
DEMO IES LEIRAS PULPEIRO
Gracias a tódol@s asistentes
Colaboración clubs 2017
Xullo 2017. Os nosos deportistas xunto co club Jansu de Vilalba desprazáronse ata Monforte de Lemos para levar a cabo unha xornada de técnica baixo a dirección de J.M.Vega, seleccionador galego. A xornada rematou pola tarde cun xantar e convivio na Piscina de Ferreira de Pantón.
CampodeLuz 2017
Campamento Urbano deportivo CampodeLuz 2017, que se levou a cabo en Lugo, na zona deportiva de Frigsa. A nosa entidade colabora con deportistas e adestradores que achegan o TKD a este evento.
2017 LUMIEIRA CUP
Colaboración dos nosos adestradores e deportistas levando o Taekwondo a rapazas e rapaces de lugo e arredores que tomaron parte na edición 17 da Lumieira Cup
Adestramento en Santiago de Compostela
O sábado 11 de marzo tomamos parte en Santiago de Compostela na convocatoria da USC de combate e adestramento coa perspectiva do Campionato de España Universitario. ¡GRANDES!
ROMAXE PENAS DE RODAS
Socios, compañeiros, deportistas e amigos participamos o 7 de agosto na Romaxe Penas de Rodas, donde realizamos unha convivencia, xogos, xantar, merenda, participamos nas actividades do evento e tamén realizamos a cerimonia e entrega de cintos ós novos DAN/PUM da entidade.
¿Queres ver máis? Pincha na imaxe!!!
Colaboración con LUMEIRA CUP 16
Campamento Polideportivo
¡¡¡Non te perdas a galería completa de fotos pinchando na imaxe!!!
Colaboración CAMPO DE LUZ 2016
Campamento Deportivo Urbán
Durante o mes de Xullo de 2016 os nosos técnicos e deportistas colaboraron co Campamento polideportivo Campo de Luz, que congregaba a decenas de rapaces e rapazas entre os 6 e 13 anos. Tansmitimos os nosos valores e vivenciamos una práctica básica e lúdica facendo chegar o noso deporte e o noso clube a todos eles.
((PINCHA NA IMAXE PARA GALERÍA DE FOTOS))
ADESTRAMENTO CONXUNTO
ADESTRAMENTO CONXUNTO ENTRE CLUBS
Colaboran Club Sangiao, Club Jansu e Club Taeguk
O Club Jansu celebra a posta en marcha desta nova entidade, promovida por deportistas e afeccionados ó taekwondo que inician unha nova etapa enmarcada nun contexto de convivencia e fomento duns valores e principios propios desta nosa disciplina.
Pola súa parte dende o Club Sangiao Taekwondo congratúlanse do proxecto de colaboración mútuo en distintos ámbitos, así como do apoio recibido por parte de Juan Carlos Quintana, o Club Jansu e colectivos deportivos e sociais de moi variada índole que animaron á realización deste novo proxecto.
Animámosvos a todos a celebrar con nós, con alegría e ilusión, esta nova iniciativa; do mesmo xeito que animamos a cada persoa, con este acto a celebrar a convivencia entre as distintas entidades deportivas e o respecto mútuo que aquí escenificamos.
¡¡¡Un saúdo e gracias a tod@s!!!